IniciosociedadeXuño de coworking en Sober

Xuño de coworking en Sober

O Concello de Sober porá en funcionamento no mes de xuño unha oficina coworking dotada cun mínimo de 6 postos individuais con fibra óptica para pemes e emprendedores.

Publicado o

- Advertisement -

As instalacións que o Goberno local vai habilitar para esta ofincia estarán emprazadas na primeira planta da Oficina de Turismo na Praza do Concello e ocuparán arredor de 70 metros cadrados.

A oficina poderá ser empregada por veciños e veciñas do Concello de Sober que necesiten teletraballar e non dispoñan de rede adecuada nos seus domicilios e tamén para aquelas pemes ou emprendedores que non teñan un local no que traballar.

O espazo cooworking municipal está especialmente indicado para os profesionais que realicen a maior parte do seu traballo con medios informáticos. Todos eles disporán de conexión a Internet mediante fibra óptica e mobiliario básico de oficina, cumprindo a normativa de seguridade e distanciamento social referida á prevención do COVID-19.

O obxectivo é poder axudar a pequenas empresas, emprendedores e profesionais do Concello de Sober que non poidan facer fronte ao pagamento de alugueres de locais ou non teñan conexión á rede nas súas vivendas, vendo así perigar a continuidade do seu negocio. O Concello de Sober elaborará un regulamento de uso que permita organizar o espazo e establecerá un prezo simbólico para dispor das instalacións e organizar horarios.

A asignación dos espazos de traballo realizarase por orde de recepción de solicitudes, que poderán facerse por vía telemática ou chamando ao Concello de Sober, unha vez se publique o regulamento.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...