A aula Cemit de Quiroga a disposición dos universitarios para os exames

Os universitarios quirogueses poderán facer os seus exames dende a aula CeMit da Casa da Cultura. O Concello de Quiroga adheriuse ao convenio asinado entre as tres universidades galegas e a FEGAMP para a utilización das aulas CeMIT polos estudantes que queiran realizar os seus exames durante este curso.

Cemit Quiroga / Concello de Quiroga

Con este convenio preténdese que todos os estudantes universitarios poidan realizar os seus exames sen necesidade de desprazarse fisicamente as súas facultades, tras tomarse a decisión de suspender a actividade docente presencial para evitar a propagación da Covid-19.

Tras a firma deste convenio, a aula da Rede CeMIT situada na casa da cultura, estará a disposición dos estudantes das tres universidades galegas durante os meses de xuño e xullo.

Os estudantes que queiran utilizar este recurso informático deberán de inscribirse previamente na casa da cultura a través do tfno 982.43.51.25, posto que é preciso que quede rexistrado como usuario da Rede CeMIT, e se lle reserve o día e a hora no que quere realizar o exame.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here