IniciosociedadeMáis de 75 persoas traballarán este verán na loita contra incendios no...

Máis de 75 persoas traballarán este verán na loita contra incendios no sur de Lugo

A Xunta de Galicia asinará convenios de colaboración con 10 concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos para que este verán poidan contar de novo con operativos municipais de prevención e loita contra os incendios forestais. O investimento ascenderá a 500.500 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural ofrece a cada concello tres posibles convenios para financiar a contratación do persoal que conforma as brigadas municipais, ou ben o funcionamento das motobombas ou, por último, a realización de tarefas de desbroces.

Os concellos poden adherirse a todas ou algunha das modalidades. Na comarca obtiveron apoio todos os que o solicitaron: Bóveda, Folgoso do Courel e Taboada recibirán as tres liñas de financiamento; os demais municipios decidiron sumarse a dúas ou unha das liñas propostas, a excepción de Ribas de Sil e A Pobra de Brollón, que non solicitaron ningún convenio.

O investimento principal vai destinado a sufragar os custos salariais dos traballadores das brigadas. Así, nove concellos do sur lucense constituirán en total 13 brigadas, cun orzamento do Goberno autonómico de 353.400 euros (o 70,5% do total asignado a estas comarcas). Darán emprego a 65 persoas, que traballarán tanto en labores de prevención como de extinción. O seu principal obxectivo, ademais de servir de unidade de primeira intervención en caso de incendio, é a limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal.

En relación con este propósito, a segunda liña de axudas vai destinada aos labores de roza para previr os incendios ou reducir os riscos en caso de que se produzan. Os propios concellos participantes indican no seu plan de traballo a superficie sobre a que van actuar, e sobre ese dato calcúlase a axuda que lles corresponde. Na presente campaña participan nove concellos da zona, que prevén limpar en conxunto 690 hectáreas cun orzamento de case 89.800 euros (o 18%).

A terceira e última liña está pensada para garantir a operatividade das motobombas; adheríronse catro concellos -con outros tantos vehículos-, que contratarán en total a entre 10 e 12 traballadores para este fin, cunha achega da consellería que suma 57.400 euros (o 11,5%).

Este ano, como nas últimas campañas, o operativo de verán na provincia de Lugo estará  integrado por uns 1.300 efectivos, entre persoal da Xunta, dos concellos, e o persoal contratado para as brigadas helitransportadas.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....