Iniciosociedade"Peonalizar a ponte vella si, pero sen a desfeita do Malecón," EspertaMonforte!

“Peonalizar a ponte vella si, pero sen a desfeita do Malecón,” EspertaMonforte!

Espertamonforte! cre preciso crear unha plataforma cidadá na defensa do malecón, "onde poder organizarse e manifestar a opinión de todos aqueles que non desexen que se cometa esta atrocidade e se estropee unha das zonas máis emblemáticas e fermosas da nosa cidade."

Publicado o

- Advertisement -

Espertamonforte! lembra que reivindicou, xa dende a súa creación como formación política, a necesidade da peonalización da Ponte Vella de Monforte, e fixo desta proposta a súa bandeira tanto nas primeiras eleccións municipais ás que se presentou no 2015, como nas pasadas eleccións, incluindo esta proposta no seu programa electoral como un compromiso ineludible a executar coa maior brevidade.

En varias as ocasións, Esperta levou a pleno como moción a proposta de peonalización da Ponte Vella, incluso amparándose na recomendación do Plan Especial de Protección do Caso Histórico do Concello de Monforte de Lemos, que recolle a peonalización como unha necesidade a resolver coa maior brevidade.

A resposta a estas solicitudes por parte da Alcaldía sempre foi a mesma, segundo Esperta, “supeditando a peonalización da Ponte Vella á creación dunha nova ponte para desviar o tráfico.” Desde EspertaMonforte sinalan que non se opoñen a construcción dunha nova ponte, sempre que supoña desviar o tráfico do centro da cidade cara a periferia, seguindo o exemplo doutras cidades premiadas internacionalmente como é o caso de Pontevedra, e propoñendo retomar o antigo proxecto de construción dunha ponte que unira as zonas de Covas e a Aceña Nova.

Para EspertaMonforte! o proxecto da ponte de ferro do malecón que vén de presentar o concello non se pode aprobar, comprender, nin permitir, “é un tremendo despropósito, consistente na nova creación dunha ponte de ferro de dous carrís no medio do Malecón, para desviar o tráfico da Corredoira e de Santa Clara cara o ambulatorio, o que terá unhas consecuencias urbanísticas, paisaxísticas, e ambientais tremendamente catastróficas.”

Malecón Monforte / XdL

Recentemente creouse un novo grupo de Facebook denominado “O malecón non se toca” que se describe como “grupo aberto e apolítico contra a construción dunha ponte ao tráfico no Malecón de Monforte”. Desde Esperta anuncian que apoian esta plataforma xa creada e convidan a unirse a toda a cidadanía “que comparta o sentimento de repulsa ante esta atrocidade que sen dúbida vai cambiar a vida de todos os monfortinos/as durante moitos anos.”

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...