O home detido por pegar e tentar violar unha muller en Sarria queda en liberdade cunha orde de afastamento

O varón tentou agredir sexualmente a vítima, de 67 anos, na ruta das Aceas.

Manifestación contra a violencia machista | AXM

O home que fora detido por pegar e tentar violar a unha muller de 67 anos en Sarria foi posto en liberdade, comunicada e sen fianza. Así o recolle unha sentenza xudicial este venres, logo de que o home sorprendera a vítima na ruta das Aceas e a golpease fortemente para tentar agredila sexualmente. Foi a muller quen denunciou os feitos ante as autoridades.

Segundo comunicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o maxistrado do Xulgado de Instrución nº1 de Sarria interpuxo ao detido unha orde de afastamento pola que se lle prohíbe achegarse á muller a menos de 300 metros. Tampouco poderá comunicarse con ela por ningún medio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here