IniciosociedadePiden un ano de prisión para un home acusado de maltratar a...

Piden un ano de prisión para un home acusado de maltratar a súa parella en Sarria

Os feitos remóntanse ao 2014, cando nunha discusión o agresor chegou a tirala ao chan. A muller perdera un dente e sufrira contusións.

Publicado o

- Advertisement -

A Fiscalía pide un ano de prisión para un home acusado de agredir e insultar a súa parella durante unha discusión en Sarria no 2014. O xuízo celebrarase este martes na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Segundo recolleu o Ministerio Público no seu escrito de acusación, os feitos tiveron lugar o  18 de maio de 2014, cando o procesado, T.L.V. estaba coa súa parella, D.R.S.V., no domicilio de ambos enSarria.

Así, comezou unha discusión durante a que este home insultou a súa parella, á que tamén agarrou por un brazo e pola cabeza para tirala ao chan. Como consecuencia, a muller perdeu un dente e sufriu varias contusións que requiriron asistencia médica e 15 días de curación.

Posteriormente, un auto emitido o 19 de maio de 2014 impuxo ao acusado a prohibición de achegarse a menos de 300 metros de D.R.S.V. e de comunicarse con ela.

O Ministerio Público considerou que estes feitos constitúen un delito de malos tratos, polo que, ademais da pena de prisión, demandou para o acusado o mantemento da orde de afastamento e comunicación respecto da vítima durante o procedemento, así como que a indemnice en 16.500 euros.

Tamén reclamou que se prive do dereito á tenencia e porte de armas durante dous anos ao procesado e que se lle impoña unha prohibición de achegarse á muller e de comunicarse con ela durante tres anos.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...