IniciosociedadeLimpeza da Ponte Vella de Monforte este martes, día 9

Limpeza da Ponte Vella de Monforte este martes, día 9

A Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello vai proceder este martes, 9 de xuño, a acometer os traballos de limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando nestes últimos meses na Ponte Vella.

Publicado o

- Advertisement -

As tarefas consisten no corte da maleza e limpeza das herbas para resaltar a beleza do monumento. Para a realización destes traballos, que se prolongarán durante toda a mañá, vai ser necesario empregar un guindastre. Por este motivo, os vehículos e os peóns non van poder pasar sobre a Ponte e a policía local manterá cortado o acceso toda a mañá, concretamente dende as 7:30 horas e a partir das 8 horas darán comezo os mencionados traballos de limpeza.

O Alcalde salientou que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno contemplou dende o principio. A Ponte Vella é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o disfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.

Neste senso, o mandatario municipal recordou que, “tras presentar este pasado luns o proxecto da Ponte Nova do Malecón sobre o Río Cabe, unha ponte que será semellante á antiga Ponte de Ferro que caeu nos anos 50 do pasado século XX, cando a Nova Ponte sexa unha realidade no horizonte deste mandato, a Ponte Vella, pasará a ser peonil, para conservar o monumento, para o disfrute da xente e para contemplar placidamente a paisaxe río arriba e río abaixo sen o agobio dos coches.”

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...