IniciosociedadeO BNG de Sarria demanda garantir a protección das vítimas de violencia...

O BNG de Sarria demanda garantir a protección das vítimas de violencia de xénero

O BNG de Sarria manifesta a súa solidariedade e apoio á veciña agredida o pasado mércores nas Aceas e súmase á mobilización convocada por Mulleres de Raíz para este mércores.

Publicado o

- Advertisement -

O voceiro municipal, Efrén Castro, sinala que “o sistema xudicial ten que afrontar as mudanzas necesarias para garantir o acompañamento e asesoramento das mulleres vítimas de violencia sexual xa que”, dixo, “a falta formación e de medios materiais e humanos dificulta que reciban o apoio necesario”.lg.php.gifCastro incidiu no caracter estrutural da violencia de xénero que, dixo, “ten a súa raíz nunha sociedade machista que aínda sostén estereotipos e roles que menoscaban os dereitos e liberdades das mulleres polo feito de selo. As mulleres teñen que ser libres para saír á rúa, non valentes, non podemos reproducir mensaxes que inciden no medo e na submisión”, aclarou.

Nesa liña, o concelleiro sarriao apuntou que “a educación en igualdade é a mellor ferramenta para erradicar esta problemática pero, no camiño, as administracións e o sistema xudicial teñen que ser capaces de proporcionar ás vitimas a protección e o apoio psicolóxico e social que requiren e poñer en marcha todos as medidas de prevención dispoñibles”.

O BNG, que este domingo participou na marcha organizada por Mulleres de Raíz nas Aceas, sumarase tamén á mobilización convocada polo colectivo para este mércores 10 de xuño ás 20:00 horas.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...