IniciosociedadeO Incio roza estradas e pistas municipais

O Incio roza estradas e pistas municipais

O Concello do Incio comezou a pasada semana os traballos de roza e acondicionamento das estrada e pistas de titularidade municipal para mellorar o seu estado e contribuír na prevención dos incendios forestais.

Publicado o

- Advertisement -

Estes días hai varios equipos desprazados en diferentes puntos do Concello. Algúns deles son operarios municipais que se dedican a limpar a maleza co tractor e tamén hai operarios que se ocupan das tarefas a man, que están realizando parroquia a parroquia.

A maiores dos operarios municipais, o Goberno local contratou dous tractores que se ocupan de rozar e acondicionar as estradas municipais.

Os traballos, que seguirán tamén nos vindeiros días ata completar todo o termo municipal, pretenden ademais de acondicionar as estradas municipais e as parroquias, ter os recursos turísticos no mellor estado para a chegada dos visitantes. Deste xeito, farase especial incidencia tamén nas rutas de sendeirismo e nos espazos de recreo e áreas de descanso.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...