IniciosociedadeO Colmado, unha “opción gourmet” na Praza de Abastos de Monforte

O Colmado, unha “opción gourmet” na Praza de Abastos de Monforte

Este é un dos postos que hai actualmente no mercado da cidade do Cabe. Comercializa produtos delicatessen e outras especialidades difíciles de atopar noutros sitios. Falamos con Elke Rodríguez, a responsable da tenda.

Publicado o

- Advertisement -

O Colmado leva pouco máis de 2 anos na Praza de Abastos de Monforte de Lemos ofrecendo os seus produtos nun dos 9 postos que integran este mercado tradicional. Elke, a responsable da tenda, di estar moi contenta, que o negocio ten “as súas cousas” pero está satisfeita coa decisión tomada.

Neste tempo xa fidelizou clientela e recoñece que pouco a pouco vai sumando máis. Tamén nos conta que é algo máis que ‘simbólica’ a presenza de xente de fóra -peregrinos, turistas, forasteiros…- que se achegan para coñecer a Praza de Abastos e aproveitan tamén para levar algunha cousa.

“O meu perfil de cliente é máis de vir en persoa á tenda pero tamén hai xente que prefire a entrega na casa”

Recoñece tamén que estes meses notouse a pandemia pero ao ter servizo a domicilio xa de antes algo axudou tamén. Por se alguén non o sabe aínda lémbranos que se poden facer pedidos. “O meu perfil de cliente é máis de vir en persoa á tenda pero tamén hai xente que prefire a entrega na casa”, dinos. Unha vez que rompemos o xeo, empezamos a entrevista con esta moza emprendora. 

Elke Rodríguez atendendo a unha clienta / XdL

A que te dedicabas antes de abrir a tenda?

Traballaba no Centro de Día, atendendo a persoas maiores, que é a miña paixón, pero por cuestións físicas tiven que deixalo.

Que te levou a abrir na Praza de Abastos ‘O Colmado’?

Como ben dicía antes, por motivos físicos tiven que cambiar de traballo e pareceume unha boa alternativa abrir unha tenda de produtos de calidade na Praza de Abastos.

“ofrecemos unha variedade de produtos de calidade alta e que non se soen atopar en outro tipo de tendas ou supermercados”

Que ofrece esta tenda de barrio que a faga diferente?

En primeiro lugar, como en todos os postos da Praza de Abastos, unha atención moi personalizada. Ao mesmo tempo ofrecemos unha variedade de produtos de calidade alta e que non se soen atopar en outro tipo de tendas ou supermercados. 

A maioría de produtos que comercializas son produtos ‘made in Galiza’, ou hai de todo?

Hai moitos produtos da nosa terra, pois apostamos polo comercio galego e de proximidade. Pero ao mesmo tempo hai unha gran variedade doutros produtos que son característicos doutras zonas e que se distinguen pola súa calidade.

Estantes cheos de produtos ‘delicatessen’ / XdL

Que criterio segues para escoller entre tantas ‘delicatesem’ como temos en Galicia?

Calidade, presenza, difícil de atopar noutro lado e adaptados aos gustos dos consumidores.

“Os produtos mÁis demandados son os queixos, bacallau, conservas e polbo”

Especialidades e produtos máis demandados?

Os nosos produtos estrela son: queixos, bacallau, polbo e encurtidos.  Traballamos tamén con aceites, conservas, chocolates, froitos secos, galletas. Os produtos máis demandados son os queixos, bacallau, conservas e polbo. Durante todo o ano, e de maneira especial no Nadal,  preparamos ‘Cestas de Agasallo’ personalizadas.

Bacallao de alta calidade / XdL
Gran surtido de queixos, unha das especialidades do ‘Colmado’ / XdL

De cando en vez organizas catas e obradoiros. Cóntanos.

É unha maneira de dar a coñecer os produtos e de axudar a crear unha cultura de comer san. Ao mesmo tempo, para nós moi importante, é unha maneira de promocionar a Praza de Abastos e facilitar que a xente se achegue a ela.

Ademais da venda presencial na tenda facedes reparto a domicilio ou venda online?

Claro. Temos servizo de reparto a domicilio e atendemos calquera encargo, chamando á tenda ou a través de Facebook e Instagram.

“Calquera pode entender que unha Praza de Abastos con 9 postos, onde 3  (33 %) están baleiros, non está nas mellores condicións para ofrecer un servizo óptimo”

Que se pode facer para recuperar os mellores tempos das Prazas de Abastos? 

Todas as/os que temos posto na Praza de Abastos estamos facendo un gran esforzo para mantela e recuperar o seu prestixio. Sería positivo que por parte da Administración Municipal existise unha maior colaboración, que nós agradeceriamos. Ao mesmo tempo, esa suma no traballo conxunto serviría para recuperar actividade neste espazo.

É urxente que saia a concurso o posto da Peixería -leva 18 meses pechada- pois é un produto de vital importancia na actividade económica da Praza de Abastos. Hai, ademais, outros dous postos baleiros que sería necesario enchelos de actividade. Calquera pode entender que unha Praza de Abastos con 9 postos, onde 3  (33 %) están baleiros, non está nas mellores condicións para ofrecer un servizo óptimo.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....