Ribeira Sacra contará cunha plataforma de xestión de citas previas para os lugares de intere

O Consorcio de Turismo celebrou nesta semana sesión plenaria no concello de Monforte na que se aprobou o orzamento 2020 e os convenios que se asinarán nos  vindeiros días logo da cancelación de liñas de subvencións e tras a reformulación de obxectivos.

Consorcio de Turismo pleno

O Presidente do Consorcio de Turismo e alcalde de Sober fixo un repaso das accións acometidas durante o confinamento e das estratexias xa en marcha para axudar na reactivación do sector que colocaron á Ribeira Sacra como exemplo de xestión para moitas entidades, entre elas, a Axencia Turismo de Galicia.

No orzamento do Consorcio mantéñense as achegas dos concellos en 1,5 € por habitante e ano e as do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a da Asociación Ribeira Sacra Rural; de 1.800 e 900 € respectivamente. As achegas das Deputacións de Lugo e Ourense, aínda en trámite, prevese que sexan de 25.000 euros en cada un dos casos.

Os convenios finalistas que está previsto asinar coa Xunta de Galicia para este ano, pero que se atopan en fase de tramitación, son:

  • Convenio de colaboración entre o organismo autónomo do Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola Paisaxe para a Protección, xestión e ordenación da paisaxe na futura Área de Especial Interese Paisaxístico 05-03 ” Ribeira Sacra”. Importe: 550.000 euros (tres anualidades, 55.000 € na anualidade 2020)
  • Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística 2020. Importe: 139.000 euros (unha anualidade)
  • Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para o desenvolvemento de parte das accións incluídas no Plan de Xestión da Paisaxe Cultural. Importe: 70.000 euros (unha anualidade)
  • Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a contratación de persoal de información turística. Importe: 5.500 euros (unha anualidade)

De asinarse todos os convenios nos termos establecidos, estariamos a falar dun incremento no orzamento en relación ao ano 2019 de máis de 100.000 euros.

A xerente presentou a versión de proba dunha plataforma de xestión de citas previas para a visita de monumentos e outros puntos de interese de xestión pública. Os concellos interesados iranse adherindo mediante un convenio de colaboración para facer uso desta plataforma que será a primeira deste tipo aplicada na xestión dun xeodestino.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here