20 casos activos da Covid19 na provincia

A DomusVi de Bóveda quédase sen casos activos da Covid19.

HULA / telefononumero.com

Este luns, 15 de xuño, a provincia de Lugo conta con 20 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 2 está en hospitalización no HULA e os 18 restantes, nos seus domicilios, 1 máis ca onte.

Segundo os datos de Sanidade, a día de hoxe a provincia ten 916 altas de casos de Covid19 e 28 falecementos. Os casos totais ata o momento son 964.

A residencia DomusVi de Bóveda que atende a persoas con discapacidade xa non conta con ningún caso activo de coronavirus; os primeiro casos neste centro apareceran hai máis de dous meses.

Os casos activos de COVID-19 en Galicia baixaron ata os 348, tras rexistrarsa o alta epidemiolóxica de 3 persoas que estaban en seguimento domiciliario, polo que o número de curados ascende a 10.489, segundo os datos trasladados este luns pola Consellería de Sanidade.

Así, do total de casos, 140 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 108 coa área da Coruña, outros 34 coa área de Santiago, 26 son da área de Ourense, 20 da área de Lugo, 12 da área de Ferrol e 8 correspóndense coa área sanitaria de Pontevedra.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here