Iniciosociedade3 casos máis de coronavirus en Galicia e na provincia 1 menos

3 casos máis de coronavirus en Galicia e na provincia 1 menos

Galicia suma tres casos máis de coronavirus en 24 horas, ata chegar aos 349; e detén a súa progresión, mentres na provincia os casos activos son 19, un menos ca onte.

Publicado o

- Advertisement -

Este martes, 16 de xuño, a provincia de Lugo conta con 19 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 2 está en hospitalización no HULA e os 17 restantes, nos seus domicilios, 1 menos ca onte. Segundo os datos de Sanidade, a día de hoxe a provincia ten 917 altas de casos de Covid19 e 28 falecementos. 

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia aumentou con respecto a este luns e sitúase nos 349, ao detectarse tres casos novos nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo.

Así consta nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, nos que se reflicte que oito pacientes con COVID permanecen, como na xornada pasada, en unidades de hospitalización –ningún en UCI–, mentres que 341 atópanse en seguimento domiciliario –un máis–.

Dos 349 casos activos, 142 corresponden á área sanitaria de Vigo –dous máis–; 109 ao da Coruña –un máis que este luns--; 33 á de Santiago –un menos–; 26 á de Ourense –os mesmos–; 19 á de Lugo –un menos–; 12 á de Ferrol –sen cambios– e oito á de Pontevedra –igual que hai 24 horas–.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...