17 casos activos na provincia e 7 días sen falecementos por Covid19 nos hospitais galegos

17 casos activos na provincia dos que 2 están hospitalizados no Hula. Mentres Galicia sitúase en 341 casos e xa suma 7 días consecutivos sen falecementos por Covid19 nos hospitais.

Corredor de hospital | Sergas

Este mércores, 17 de xuño, a provincia de Lugo conta con 17 casos activos de coronavirus, 2 menos ca onte, dos que 2 está en hospitalización no HULA e os 15 restantes, nos seus domicilios, 2 máis ca onte.

As cifras ofrecidas polo SERGAS sosteñen a tendencia apuntada nos últimos días e indican un retroceso paulatino da enfermidade. O número de casos activos en Galicia descendeu en oito pacientes desde este martes ata situarse en 341, mentres que as persoas curadas aumentaron a 10.503, o que supón 12 máis.

A comunidade suma, ademais, 7 días consecutivos sen que os hospitais notifiquen un só falecemento por coronavirus. Deste xeito, as cifras de falecidos mantéñense en 619 persoas logo do falecemento dun home de 83 anos ingresado no Complexo Universitario de Vigo o pasado mércores 10.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here