4 centros educativos do sur de Lugo incorpóranse ao proxecto de educación dixital E-DIXGAL

Un total de 11 centros educativos de seis concellos da Zona Sur da provincia de Lugo participarán o vindeiro curso 2020/2021 no proxecto de educación dixital E-Dixgal, impulsado pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Para o próximo curso incorpóranse ao programa catro novos centros dos municipios de Bóveda, O Saviñao, Quiroga e Monforte de Lemos.

Aula con nenos / AXM

Co proxecto E-DIXGAL facilítaselle ao alumnado, de xeito gratuíto, libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO. Os centros que se incorporan a este proxecto serán dotados cos medios tecnolóxicos necesarios na aula para profesorado e alumnado. Ademais, terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Xunta e deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna ou ser proporcionados polo centro.

A incorporación ao E-Dixgal en educación primaria implica impartir todas as materias en modalidade dixital; mentres que facelo en ESO supón impartir un mínimo de seis materias, a elección do centro, en modalidade dixital. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais, poden empregarse como complemento ou apoio.

Todos os centros implicados no programa teñen acceso á plataforma EVA E-Dixgal, con contidos de aulaPlaneta, Netex, Edebé e Pearson; ademais de ter acceso aos contidos xerados na iniciativa Dixit.

CONCELLO

CENTRO

Primaria

ESO

Ambos

Bóveda

CEIP Rosalía de Castro

x

O Saviñao

CPI Dr.López Suárez

x

Quiroga

CEIP de Quiroga

x

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

X

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here