IniciosociedadeRetrocede a Covid19 en Galicia con 8 casos menos

Retrocede a Covid19 en Galicia con 8 casos menos

Con estas cifras, o repunte de Covid reflectido nos datos do Sergas do luns 22 semella ter perdido forza, polo de agora. Logo deste aumento que veu a romper a tendencia descendente.

Publicado o

- Advertisement -

Este martes, 23 de xuño, a provincia de Lugo conta con 17 casos activos de coronavirus, igual ca onte, dos que 1 está en hospitalización no HULA, e os 16 restantes, nos seus domicilios, igual ca onte. Desde o día 3 deste mes a provincia non conta con ningún paciente de Covid19 na UCI.

O histórico da provincia a día de hoxe, segundo datos do Sergas, deixa na provincia 921 altas e 28 falecementos e un total de 966 casos. En Galicia, os contaxios sitúanse en 335 ao darse 8 altas nas últimas 24 horas e despois de ter chegado, con anterioridade, a 343 por un rebrote no Barbanza.

Dos 335 casos positivos, 138 corresponden á área de Vigo –os mesmos que o luns–; 108 á da Coruña e Cee –dúas menos–; 31 á de Santiago e Barbanza –tres menos–; 21 á de Ourense –tres menos–; 17 á de Lugo –sen cambios–; 12 á de Ferrol –igual que hai 24 horas– e oito á de Pontevedra –sen cambios–.

 

 

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...