IniciosociedadeDous anos de prisión para un veciño de Sarria por agredir á...

Dous anos de prisión para un veciño de Sarria por agredir á súa parella

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un veciño de Sarria a dous anos de prisión por agredir á súa parella, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, tamén lle impuxo a prohibición de achegarse a menos de 300 metros ou manter contacto de calquera tipo coa vítima durante cinco anos, así como o abono dunha indemnización de 15.850 euros.

Os maxistrados consideran acreditado que durante o transcurso dunha discusión no domicilio familiar, situado en Sarria, o acusado insultou á súa compañeira sentimental, retorceulle un dedo e agarrouna pola parte de atrás da cabeza, tirándoa ao chan. “Non nos cabe dúbida respecto da realidade dos feitos conforme relatou a vítima, sendo así que tal testemuño vese corroborado polos informes médicos de asistencia”, resaltan os xuíces no seu fallo.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...