Seguen subindo os casos de Covid en Galicia impulsados polo rebrote da Mariña

314 casos activos de coronavirus en Galicia dos que 49 corresponden á provincia de Lugo con 5 máis ca onte.

Corredor de hospital | Sergas

Este martes, 30 de xuño, a provincia de Lugo conta con 49 casos activos de coronavirus, 5 máis ca onte, dos que 2 están en hospitalización, un deles no HULA e o outro no Hospital Público da Mariña. 

Os 47 restantes, 5 máis ca onte, están confinados nos seus domicilios. Desde o inicio da pandemia na provincia lévanse producido ​​28 falecementos e 922  altas/curados de Covid19. Os casos totais na provincia son 999.

Os casos de covid en Galicia seguen a subir impulsados polo rebrote da Mariña Lucense, que nas últimas 24 horas viuse ampliado en 5 novos contaxios. Estes casos, xunto cun novo afectado rexistrado na área sanitaria de Pontevedra, elevan o total dos positivos a 314 persoas, dous máis que os datos do día de onte tendo en conta as curacións, que o Sergas cifra en 8 pacientes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here