Seguen aumentando os casos de Covid19 na Mariña con 35 afectados, 52 na provincia

A maioría dos casos son asintomáticos, se ben ingresou unha persoa máis no Hospital da Costa o que fai dous pacientes hospitalizados na Mariña, cunha evolución favorable, segundo o Sergas.

Hospital Público da Mariña. TWITTER/Q. M.

Este mércores, 1 de xullo, a provincia de Lugo conta con 52 casos activos de coronavirus, dos que 35 corresponden ao brote da Mariñaque ademais suma un novo hospitalizado o que fan dous hospitalizados no Hospital Público da Mariña e outro no HULA.

Dos 35 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Ao varón residente en Burela ingresado días atrás por Covid-19, únese outra persoa hospitalizada no Hospital Público da Mariña. A evolución de ambas “é favorable”, segundo o Sergas.

En Galicia cóntase con 313 casos positivos, dos que 128 corresponden á área de Vigo –un menos que este martes–; 70 á da Coruña e Cee –sen cambios–; 23 á de Santiago e Barbanza –un menos–; 20 á de Ourense –uno menos–; 52 á de Lugo –tres máis–; 10 á de Ferrol –un menos– e dez á de Pontevedra –sen cambios–.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.633 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here