IniciosociedadeO quirogués Alberte Montes, fichaxe da SER para o verán

O quirogués Alberte Montes, fichaxe da SER para o verán

O actor e humorista galego será colaborador do programa ‘La Ventana’ os meses de xullo e agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alberte Montes, orixinario dos Anguieiros, no concello de Quiroga, estreábase o pasado ano como colaborador do programa “La ventana” e o seu director e presentador para o formato estival, Roberto Sánchez, quixo que repetise neste 2020.

O quirogués recuncará un ano máis e participará co seu estilo característico entre as 17 e as 18:00 h. en diferentes días dos meses de xullo e agosto.

Formará parte do equipo de verán dun dos programas de referencia da SER, e farao con seccións de humor como UN ROLLO DE VERANO ou PADRE NUESTRO, esta última na que falará da súa experiencia como pai novel. Mesmo igual se atreve co mítico xénero da radionovela e probablemente seguirá postulándose para encetar festas e verbenas coa súa eterna reivindicación, #AlbertePregonero.

Alberte Montes

Este polifacético artista recoñécese principalmente nas facetas de actor, guionista, director, humorista e presentador.

Como actor ten participado en varias ficcións, as máis recentes foron ‘FARIÑA’, emitida en Antena 3, e recentemente na serie ‘Do dereito e do revés’ na TVG.

Como humorista participou en programas como ‘Los Infiltrados’ e ‘Los lunes al GOL’ da canle temática GOL, en ‘Land Rober’ e ‘Luar’ da TVG e tamén en “La ventana’ da cadena SER, programa ao que volve este verán.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...