IniciosociedadePenas de prisión polo secuestro do dono dun club de alterne en...

Penas de prisión polo secuestro do dono dun club de alterne en Quiroga

Condenados a penas de prisión cinco prestamistas por secuestrar no 2009 ao dono dun club de alterne en Quiroga. O propietario secuestrado tiña a vivenda familiar en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco prestamistas, a penas de entre un ano e dous de prisión, por ameazar, secuestrar e golpear ao propietario dun club de alterne en Quiroga.

Segundo figura nos feitos probados da sentenza, o dono do club de alterne dirixiuse no 2008 a este grupo de prestamistas coñecido como “os murcianos” para pedir 12.000 euros a un interese do 25%. O diñeiro tiña que ser devolto con data límite do 13 de marzo do 2009. Ao chegar a data pactada para a devolución, a vítima non reintegrou o diñeiro, polo que os acusados ameazáronlle e extorsionaron, tanto a el como á súa familia, aos que esixían o pago de 150.000 euros.

Tras ir na súa busca á vivenda familiar de Monforte en reiteradas ocasións, a vítima foi atopada e obrigada a entrar nun coche o 18 de marzo do 2009. Así, tivérono retido contra a súa vontade en diferentes moteis ata o 21 de marzo. Mentres, os secuestradores obrigaron a que unha irmá do debedor entregara un coche, aínda desaparecido.

Despois de que a familia do home denunciase o sucedido na comisaría de Monforte de Lemos, concertouse unha cita cos secuestradores o 21 de marzo do 2009, día no que se conseguiu liberar ao retido, que sufriu múltiples feridas polos golpes recibidos polos seus captadores.

Dous dos procesados foron condenados a dous anos de cárcere como autores de tres delitos de ameazas, un delito de secuestro e outro de extorsión. Pola súa banda, o tribunal impuxo aos outros tres investigados un ano e tres meses de prisión por cometer un delito de secuestro e outro de extorsión.

Os maxistrados indican na sentenza que os sospeitosos recoñeceron os feitos. Ademais, destacan que foron corroborados, tanto polas dilixencias practicadas durante a instrución do caso como polas declaracións de dúas testemuñas, nai e irmá da vítima, que resultaron “plenamente cribles”. Os condenados deberán tamén abonar indemnizacións que suman case 9.000 euros, o que, entre outras cuestións, inclúen o valor do coche subtraído. Contra o fallo cabe recurso de casación no Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....