IniciosociedadeSober contra a violencia de xénero

Sober contra a violencia de xénero

O Concello de Sober inicia a semana próxima as actividades enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As accións están destinadas aos nenos e nenas que participan no campamento de verán ‘Coñece o teu Concello’ organizado polo Goberno local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que “dende o Concello de Sober tratamos de responder a acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita problemática en todas as súas expresións, tanto visibles coma non visibles”

Por elo, precisa, “queremos participar de maneira directa na loita contra esta lacra, realizando unha serie de actividades socio-educativas de prevención da violencia de xénero destinadas aos máis cativos”.

As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e foron valoradas e propostas pola educadora social Selene Arias Sáez.

campamento Sober / Concello de Sober

As actividades serán as seguintes: 

  • Xoves 16 de xullo, no campamento de verán do Concello, teatro con sombras: elefantes/as do presente.
  • O 23 de xullo, no campamento de verán do Concello, busca do tesouro: na procura da igualdade.
  • Xoves 30 de xullo, no campamento de verán do Concello, dinámicas/ xogos coeducación.
  • xoves 30 de xullo, na piscina municipal, xincana pola igualdade. Aberta aos nenos e nenas que estean nas instalacións e queiran participar.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...