A provincia achégase ós 200 casos de coronavirus mentres a Xunta confina Burela

Galicia conta este venres con 259 casos positivos de coronavirus, dos que 196 corresponden á área de Lugo, o 75% do total. Mentres a Xunta confina Burela como punto quente.

Unha muller con máscara nun local de hostalería de Burela. EFE/ELISEO TRIGO

Este venres, 10 de xullo, a provincia de Lugo conta con 196 casos activos de coronavirus, 6 máis ca onte. Mantense o número de hospitalizados con 5 no Hospital Público da Mariña e 1 no HULA. 190 das persoas con diagnóstico positivo de coronavirus están nos seus domicilios. Os casos totais na provincia desde o comezo da pandemia son 1.183, con 959 altas e 28 falecementos.

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou en tres ata os 259 este venres, cos seis novos positivos na área de Lugo, tres na Coruña, un en Ourense e outro na área de Pontevedra. En canto aos curados, ascenderon en 18, ata os 10.898 pacientes.

Na Mariña, Xunta de Galicia anuncia este venres un endurecemento do confinamento en Burela, de onde os veciños non poderán saír no próximos cinco días, mentres que os veciños de ViveiroXoveCervoFoz, Barreiros e Ribadeo só poderán desprazarse entre os devanditos municipios.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here