Monforte inicia as actividades do Campamento Deportivo de Verán

Este luns, 13 de xullo, comeza a actividade da primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello de Monforte, no que participarán un total de 72 rapaces, o cen por cen das prazas ofertadas para esta primeira quenda.

Carreira popular / Concello de Monforte

Para a organización desta edición deseñouse un protocolo de seguridade e hixiene centrado, primeiramente,  en velar pola seguridade de participantes e monitores. As liñas estratéxicas deste protocolo son:

  •  Grupos reducidos de 10 persoas.
  •  Monitores e monitoras fixos para cada grupo durante cada quenda.
  •  Espazos fixos e exclusivos para cada grupo.
  •  Material deportivo exclusivo para cada grupo.
  •  Material de obradoiros exclusivo para cada alumno e alumna  
  • Limpeza e desinfección diaria dos espazos utilizados.
  •  Hixiene de mans constante.
  •  Dotación de mascaras e xeles desinfectantes para os participantes.

En canto ás actividades, dende o Concello deseñouse unha programación atractiva, tendo en conta a situación actual, composta por actividades deportivas, obradoiros, excursións e actividades especiais como hípica e piragüismo.

A través da páxina web do Concello pódense descargar diferentes documentos de interese para os participantes no Campamento Deportivo de Verán:

  • A composición de cada un dos grupos e a instalación asignada
  • O protocolo de prevención do COVID-19 establecido. 
  • As normas e recomendacións de participación
  • A programación de actividades da primeira quenda.
  • O horario do servizo de transporte.

O Alcalde, José Tomé Roca, valorou moi positivamente o éxito en canto á cobertura de prazas e agarda que todos os “nenos e nenas poidan disfrutar das súas vacacións a través do Campamento Deportivo do Concello, practicando un variado número de actividades, tanto deportivas coma excursións e obradoiros”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here