Neste 12-X descenden os casos de coronavirus en Galicia e na provincia

Descende o número de casos activos de coronavirus en Galicia ata os 253 e baixa tamén na área sanitaria de Lugo en 4, situándose en 199.

Hospitalización HULA / XdL

O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en seis ata os 253 este domingo, con catro menos na área de Lugo, onde se rexistra un gran foco na Mariña, e un menos en Vigo e outro Pontevedra.

A baixada no foco da Mariña prodúcese despois de máis dunha semana con incremento de positivos e coincide coa realización de menos test e coa xornada electoral

Dos 253 casos positivos, 199 corresponden á área de Lugo –catro menos con respecto a este sábado–; 19 á da Coruña e Cee –tres menos–; 14 á de Santiago e Barbanza –sen cambios–; 11 á de Vigo –un máis–; catro á de Ourense –uno menos–; un á de Ferrol –igual– e cinco á de Pontevedra –un máis–. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here