21 altas no foco da Mariña e ningún novo positivo

O Sergas expuxo este martes que o número de casos activos de coronavirus no foco da Mariña descende a 163, ao non rexistrarse ningún positivo novo nas últimas horas e darse 21 altas.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE/ELISEO TRIGO

A presión hospitalaria na comarca continúa estable. Dous pacientes con Covid-19 atópanse ingresados no Hospital Público da Mariña, ambos en planta.

“Todas as PCR realizadas no día de onte a persoas relacionadas con este brote foron negativas”, afirma o Sergas nun comunicado no que non concreta a cantidade de probas realizada. Toda a información no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here