Música e humor en Sarria

O venres 17 de xullo actuará na 'terraza O Meigallo' o grupo vigués BlackStereo, e o 18 estarán no 'Campo de Rugby' Eva Soriano e Leo Harlem.

Actuación de Touriñán na Terraza O' Meigallo (2019). Foto: Héctor Sánchez. Foto de arquivo.

En Sarria están apostando de forma moi controlada polo ocio e polo entretemento. A primeira iniciativa importante, impulsada dende o concello, foi a semana de xuño na que se organizaron actuacións musicais por diferentes puntos da vila para celebrar o San Xoán. A cousa funcionou e non hai moito presentouse o proxecto “Sarria Sorrí” con humoristas de primeiro nivel, forasteiros e galegos, que encherán de humor 6 noites de xullo e agosto.

O prato forte deste ciclo, e inauguración do mesmo, será o vindeiro sábado 18 de xullo. Leo Harlem e a cómica Eva Soriano actuarán a partir das 21:00 h. no Campo de Rugby de Sarria. Será o único espectáculo no que haxa que pagar entrada.

OPCIÓN MUSICAL

Para os amantes da música tamén hai unha interesante opción na véspera, o 17 de xullo. A coñecida terraza O Meigallo organiza un concerto do grupo vigués BlackStereo, formación que centra o seu repertorio no mellor do soul, o rhythm & Blues, o funk e o rock and roll. A actuación empezará ás 23:00 h. e a entrada será de balde para os que reserven mesa para cear. Este mesmo día sortearase unha mesa de 4 para a actuación de Leo Harlem e presentarase o festival “A verbena” que terá lugar o vindeiro 8 de agosto. Este evento, -organizado polos establecementos Meigallo e Adarve- desenvolverase durante toda a xornada, dende a sesión vermú ata a noite, cun gran concerto de Los saxos del Averno & Adrián Costa. Aforo para unhas 250 persoas e seguridade sanitaria garantida.

2 COMENTARIOS

  1. Rogaría a este diario que publique fotos de los eventos respetando la normativa y retratando la realidad, no una foto de hace años y que en el pie de fotos no se indica el año en el que sucedió esta actuación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here