IniciosociedadeNon haberá Festas Patronais en Monforte

Non haberá Festas Patronais en Monforte

O alcalde José Tomé vén de anunciar, acompañado de Marina Doutón, Concelleira de Cultura, que foi unha decisión difícil de tomar e moi dolorosa para el e para o equipo de goberno. Só se manteñen dous actos neste 2020, a misa na honra á Virxe de Montserrat e os fogos de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No primeiro trimestre do ano o normal é que a programación das Festas Patronais estea xa practicamente pechada. Segundo palabras do alcalde José Tomé Roca, “este ano había unha previsión de programa de festas moi potente e cunha gran capacidade de atracción moi grande”, como é tradicional xa estes últimos anos, pero chegou a declaración do estado de alarma e houbo que suspender os grandes concertos.

En relación a estes concertos, Tomé afirmou ter o compromiso de manter o calendario de actuacións para o vindeiro ano co responsable da produción dos mesmos afirmando tamén que este traslado a 2021 non ocasionaría custe ningún para as arcas do concello. A preguntas dalgún dos xornalistas para coñecer artistas que estaban no programa, o alcalde dixo non poder dar a coñecer esa información, que quedaba en suspenso ata o vindeiro ano.

Sabendo que estes concertos non eran viables pensouse en artellar unhas festas alternativas con concertos máis pequenos e acoutados a un aforo máis reducido -falouse do tema estas últimas semanas-. A idea era crear varios escenarios e distribuír esas actuacións polos barrios de Monforte para non xerar moitos desprazamentos de xente e controlar o aforo. Había previstas actuacións, por exemplo, no barrio de San Antonio, na Compañía, na Praza España, na Pinguela ou no barrio da Estación. Ademais de concertos musicais tamén se tiña previsto organizar actividades infantís e cinema na rúa. Esta opción alternativa, aínda que se apurou algo máis a decisión, ao final tampouco sairá adiante.

Segundo palabras do alcalde, “foi unha decisión difícil de tomar e moi dolorosa para o alcalde e para o equipo de goberno”. O motivo da decisión está fundamentado nos recentes rebrotes que se están a dar en localidades da provincia de Lugo, xa próximas a Monforte como Vilalba ou Monterroso. E tamén porque se ten constancia de que en Monforte hai xente en corentena nas súas casas. Preguntado, Tomé, por este extremo, preferiu non dar máis información, alegando que non era competencia del concretar este particular.

“Ademais estes meses estamos recibindo moita xente de fóra de Galicia e non queremos que veciños e veciñas de Monforte correr riscos por culpa dalgún evento organizado polo concello”, engadiu José Tomé.

CARTEL ANUNCIADOR E ACTOS QUE SE MANTEÑEN DAS FESTAS PATRONAIS

O concurso de carteis xa ten gañador tras rematar o proceso de selección. Ao non haber festas non se fará público o cartel pero si se lle dará o premio ao gañador “pois el non ten culpa de todo o que está a pasar”, dixo Tomé. Este ano chegaron 20 propostas e todas elas se serán expostas na Casa da Cultura do 21 ao 31 de agosto.

No que respecta a actos que si terán lugar nestas Festas Patronais tan atípicas e excepcionais serán a Misa na honra á Virxe de Montserrat, o 15 de agosto ás 11:00 h. na Igrexa da parroquia da Régoa, e os Fogos de San Vicente, o mesmo día ás 12:00 horas da noite. A procesión e ofrenda floral será en versión reducida para evitar aglomeracións.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...