IniciosociedadeEstable o foco do Saviñao ao non haber transmisión comunitaria

Estable o foco do Saviñao ao non haber transmisión comunitaria

O foco de coronavirus detectado durante a fin de semana no Saviñao mantense estable, sen novos positivos nas últimas horas e ao non haber “transmisión comunitaria”. Os afectados distribúense entre Paradela e O Saviñao, pero parten todos da mesma cita familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mantéñense os 15 positivos detectados na fin de semana, 8 deles no Saviñao e 7 no concello de Paradela, se ben todos eles están vinculados á mesma celebración familiar na parroquia de Reiriz no Saviñao.

Desde Sanidade fíxose un seguemento dos casos e aseguran que aínda que o número de casos é importante, non houbo “transmisión comunitaria”, é dicir, o brote non saltou a terceiras familias ou a outras parroquias”; o foco está contido nunha mesma familia, aínda que hai casos en dous municipios diferentes.

Realizáronse probas PCR a todos os contactos dos positivos e está previsto continuar coas probas hoxe e mañá, polo que non se descartan novo positivos, pero parece difícil que apareza moitos máis, segundo sinala o alcalde do Saviñao.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...