IniciosociedadeSen novos positivos nas PCR do foco do Saviñao

Sen novos positivos nas PCR do foco do Saviñao

O alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, confirmou que o brote de coronavirus detectado durante o fin de semana no seu municipio mantense estable, dado que non se detectaron novos positivos nas probas PCR realizadas nas últimas horas por parte das autoridades sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Armesto precisou que o resultado de todas as PCR realizadas o domingo foi negativo e aínda que as autoridades sanitarias seguen realizando probas, fixéronas edste luns e seguen este martes, 28 de xullo, precisa que “cada vez é menos probable que xurdan novos casos positivos, dado que xa se están comprobando contactos cada vez máis indirectos.”

En declaracións a EFE, Armesto precisou que “non houbo alteracións”, mantéñense “os quince positivos” detectados durante a fin de semana, oito no Saviñao e outros sete en Paradela, aínda que todos eles vinculados á mesma celebración familiar na parroquia de Reiriz do concello do Saviñao.

De feito, precisou que a “trazabilidade de cada un dos casos positivos detectados foi perfectamente determinada por Sanidade,” cuxos responsables informaron ao Concello do Saviñao de que “malia que o número de casos é importante, non houbo transmisión comunitaria”.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...