Remata o campo de voluntariado de Quiroga

Vén de rematar o campo de voluntariado da Xunta de Galicia que traballou no acondicionamento do Castro de Penadominga, en Bendollo, no concello de Quiroga. Este campo foi de ámbito autonómico, non internacional como outros anos, e contou coa participación de oito mozos e mozas de Galicia.

Quiroga campo de voluntariado / concello de Quiroga

A actuación no Castro de Penadominga centrouse na limpeza e o acondicionamento do acceso ao castro, na sinalización e dinamización da ruta, na creación dunha páxina web e nunha ruta virtual onde se mostra a cartografía, a planimetría e o perfil da ruta. Ademais de códigos QR xeolocalizados con información sobre a flora, a fauna e os puntos de interese.

O castro  de  Penadominga, en Bendollo, Bendestaba totalmente cuberto pola maleza desde hai anos. O plan de acondicionamento ía encamiñado a que o lugar se poida visitar formando parte dos recursos culturais e turísticos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel.

Estes traballos realizáronse polas mañás. Polas tardes as súas actividades foron máis lúdicas, como a visita as instalacións do Museo Etnográfico ou a visita á adega EDV.

En anos anteriores, os campos de traballo en Quiroga acondicionaron diversos lugares de interese histórico e cultural do municipio, como unha  ruta de sendeirismo, un tramo do Camiño de Inverno, o castelo dos Novaes,  unha  alvariza en Bustelo de Fisteus e o pasado ano acondicionaron o acceso á fervenza do Pombar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here