Xincana pola igualdade en Sober

O Concello de Sober celebrou onte nas piscinas municipais esta actividade na que podían participar os nenos e nenas do campamento de verán 'Coñece o teu Concello' e aqueles outros que quixeran sumarse.

Participantes na xincana. Foto: Prensa Concello de Sober

A actividade forma parte da programación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e está financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. As actividades que se programan están valoradas e propostas pola educadora social Selene Arias Sáez.  

Un dos xogos que formaba parte da actividade. Foto: Prensa do Concello de Sober

Dende o Concello lembran que a violencia de xénero supón un problema social de primeira orde, converténdose, xa dende a perspectiva tradicional, nunha secuela contra a que temos que loitar dende todos os ángulos posibles.
 
Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, explica que “dende o Concello de Sober tratamos de responder a acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita problemática en todas as súas expresións, tanto visibles coma non visibles”. E precisa tamén, “queremos participar de maneira directa na loita contra esta lacra, realizando unha serie de actividades socio-educativas de prevención da violencia de xénero destinadas aos máis cativos”.  

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here