Axudas para programas de conciliación

A Xunta amplía a liña de axudas destinadas a concellos para financiar programas de conciliación familiar. Nesta segunda aportación os concellos de Taboada e O Saviñao estarán entre os beneficiados.

Concello do Saviñao / XdL

A Administración autonómica incrementou o orzamento deste programa co fin de chegar a máis concellos galegos, tendo en conta a demanda rexistrada e o elevado interese que xeran as accións de fomento da corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas que aposten pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Os novos beneficiarios, Ourol, O Saviñao, Baralla e Taboada, percibirán axudas por un importe conxunto de 34.140 euros. No caso dos concellos do sur de Lugo, O Saviñao a proveitará os 12.000 euros concedidos para financiar unha aula de verán e Taboada destinará 8.577 euros para actividades da época estival.

Na convocatoria resolta este ano, a Xunta xa aprobara inicialmente axudas que suman 163.700 euros para desenvolver programas de conciliación nos seguintes municipios lugueses: Alfoz, Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde, Cervo, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Rábade, Sober e O Valadouro.

Ademais deste programa de conciliación, a Xunta puxo a disposición dos concellos galegos outros tres programas relacionados coa igualdade:  de promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención e tratamento da violencia de xénero; de financiamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM); e de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. O financiamento dos devanditos programas vai a conta do Fondo Social Europeo e do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here