Formación dixital básica en Sarria

O Concello de Sarria ten programadas unha serie de charlas encamiñadas ao coñecemento práctico de aspectos da dixitalización básicos que atopamos no día a día.

Dixitalización / Delegación Territorial

Trátase de tres actividades que se desenvolverán na aula CeMIT na Casa da Cultura de Sarria (R. Marqués de Ugena s/n) e ás que se hai que apuntar con carácter previo na ficha de actividade do sitio web da rede CeMIT, chamando ao 982 530723 ou enviando un correo electrónico a cemit.sarria@xunta.gal.

A primeira actividade que consiste no coñecemento do servizo de cita previa no concello a través da sede electrónica. Será unha charla 70 % expositiva na que se explicará como acceder e cal é a súa función paso a paso: Como obter cl@ve, como funciona a sede electrónica e cl@ve e que máis cousas se poden facer coa certificación cl@ve.

Esta formación terá lugar o luns 3 de agosto de 11:00 a 12:00 h. e o martes 4 de 17:00 a 18:00 h.

A segunda actividade leva por título “Do Móbil ao PC” e contémplase que as sesións non duren máis de 2 horas. A charla formativa terá unha parte expositiva e outra demostrativa e práctica nas que se explicará como resolver o traspaso de arquivos do móbil ao PC por diferentes sistemas: cable USB, Bluetooth, Whatsapp/Telegram, outras Apps, nube…

Terá lugar o mércores 5 ás 11:00 h. e o xoves 6 ás 17:00 h.

E para rematar a semana, o venres 7 de 11:00 a 12:00 h. realizarase o obradoiro “Detecta os BULOS”. Charla 90% expositiva na que se explicará o básico para detectar os bulos e non difundilos (onde se moven, que formato teñen, que persiguen, como verificalos, e moitos exemplos).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here