IniciosociedadeMúsica tradicional e catas nocturnas en Quiroga

Música tradicional e catas nocturnas en Quiroga

Un concerto de música tradicional e a posibilidade de vivir a experiencia dunha cata nocturna son dúas interesantes opcións de lecer para este sábado no que comeza agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A banda de gaitas Os Coribantes (Ponte Caldelas) actuará o 1 de agosto ás 22:00 h. na Praza de España nun espectáculo adaptado aos novos tempos no que o aforo estará limitado a 200 persoas que poderán sentar noutras tantas cadeiras coa distancia de seguridade entre elas.

A banda, formada por máis de 40 músicos, aparte de gaitas utilizan numerosos instrumentos de percusión, vento e corda ademais de teclado e acordeón. Algunhas das súas pezas interprétanas acompañadas de voces. Teñen publicados dous discos: “Dende a Ialma”, dedicado aos vellos oficios, e “Camiños”, unha homenaxe aos emigrantes. Agora están a traballar no seu terceiro disco que sairá á luz a finais de ano.

Catas nocturnas

Dado o interese que espertou días atrás a iniciativa da adega EDV de Margaride na que se propoñía unha cata á luz da lúa, os organizadores decidiron estender a proposta a todos os sábados do mes de agosto.

A primeira será este sábado 1 de agosto e, como as que lle seguirán, terá lugar entre as 22:00 da noite e a 1:00 do día seguinte. O custo das mesmas é de 20 euros, con prazas limitadas e reserva previa nos teléfonos 650 983 654 ou 636 164 330. A cata vai acompañada duns pinchos e inclúe a visita á adega.

Pablo González, xerente da adega EDV 2015, S.L. de Margaride. Foto: P. G.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...