Interveñen a un veciño de Chantada 453 plantas de marihuna

A Garda Civil intervén en Chantada 453 plantas de diferente tamaño de suposta marihuana e investiga a un veciño da localidade como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

Vehículo da Garda Civil / XdL

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Chantada, a un veciño desta localidade de 46 anos de idade como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

Os feitos teñen lugar na tarde deste luns, 3 de agosto, nas proximidades do lugar de Viñas, Chantada, cando tras localizar días antes unha plantación de 453 plantas de diferentes tamaños (entre 30 e 120 centímetros de altura), procédese a imputar en calidade de investigado ao presunto autor e intervir as plantas e diversos útiles empregados no cultivo da suposta marihuana.

A persoa investigada e o material incautado foron postos a disposición xudicial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here