IniciosociedadeGalicia destino seguro en Monforte

Galicia destino seguro en Monforte

Monforte de Lemos será este domingo, 9 de agosto, unha das paradas da campaña itinerante Galicia destino seguro. O espazo informativo estará instalad na praza da Compañía e permanecerá aberto ao público en horario de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O espazo informativo está atendido por profesionais da información turística e difunde o destino, poñendo en valor recursos como o Camiño de Santiago, a paisaxe, a natureza, a enogastronomía ou o patrimonio cultural.

A campaña comezou en Santiago de Compostela e está previsto que percorra Galicia e estea presente nas sete cidades galegas e varios dos principais municipios turísticos. Así, tras estar xa en Ferrol, A Coruña, Ribeira, Betanzos e a cidade de Lugo chega agora a Monforte para continuar o seu percorrido por destinos como Sarria, Ourense, O Carballiño, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo, Vigo, Nigrán, Baiona e Tui.

A campaña itinerante dá continuidade á batería de medidas postas en marcha pola Xunta para garantir seguridade e protección aos viaxeiros, traballadores e galegos no actual escenario. Enmárcase no Plan de Reactivación do sector turístico aprobado o pasado mes de abril que inclúe accións para promover Galicia como un destino seguro,  con accións que axuden a xerar liquidez no tecido empresarial e o incentivar o consumo.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...