IniciosociedadeNovo selo do concello de Quiroga para o Camiño de Inverno

Novo selo do concello de Quiroga para o Camiño de Inverno

O concello de Quiroga conta cun novo selo do Camiño de Inverno. Os peregrinos que pasen pola vila quiroguesa camiño de Santiago levarán un novo cuño nas súas credenciais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A casa consistorial, a oficina de turismo e os museos municipais son os lugares nos que se conta xa con este novo selo, cun deseño no que aparecen importantes puntos de referencia para esta ruta xacobea dentro do concello de Quiroga.

As igrexas de  Montefurado, Hospital, a Ermida e Quiroga; o túnel romano de Montefurado ou o Crismón da Ermida, son algunhas das referencias que se poden ver neste novo gravado. Tamén hai un asomo a dous produtos emblemáticos do municipio: o viño e o aceite.

Os concellos polos que pasan os camiños de peregrinación a Compostela teñen a obrigación de ter un selo que acredite que os peregrinos pasaron por ese lugar. Quiroga hai anos que contaba  cun selo pero agora substituirase por este novo deseño.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...