Autocine Lemosía do CCU de Monforte do 28 ao 30 de agosto

Haberá sesións ás 20.15 e 23.15 coas proxeccións de Grease, O que arde, Mascotas 2, Parásitos, Spiderman e Érase unha vez Hollywood.

Monforte de Lemos / XdL

Dentro das diversas campañas de dinamización comercial que se levan a cabo desde o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), este ano volven apostar por unha actividade inédita en Monforte de Lemos, como no seu día foron a Pista de Patinaxe ou o Parque Multiaventura.

Os clientes que fagan un gasto mínimo de 15€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU poderán vivir a experiencia dun Autocine. A iniciativa manterase ata fin de existencias abonando un importe de 10€/coche.

Para participar é necesario RESERVAR PRAZA e pagar a praza do Autocine, que se habilitará no aparcadoiro do Parque dos Condes. O pago da praza faise a través do enlace no momento da reserva. Para facerse co código que permite reservar praza hai que seguir os seguintes pasos:

  • Se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte e fixeches un gasto de polo menos 15€ nalgún dos establecementos asociados poderás solicitar o teu código de reserva/pago de praza (Ata fin de existencias. Cada negocio asociado contará con 25 códigos para repartir entre os seus clientes)
  • Unha vez teñas o teu código, entra canto antes en www.ccumonforte.com/autocine e fai a túa reserva (deberás pagar 10€/coche). As prazas son limitadas, 100 por película, se deixas para última hora é probable que quedes sen sitio, reserva xa!
  • Se chegas tarde a facer a túa reserva, non tires o código. Poderás usar ese mesmo código para tentar reservar praza para outra película a condición de que queden prazas dispoñibles

CARTELEIRA

VENRES 28 DE AGOSTO:

20.15h GREASE. Ano 1978 (Valoración en IMDb: 7,2)

23.15h O QUE ARDEAno 2019 (Valoración en filmaffinity: 7)

Aberto o prazo para reserva/pago de prazas para estas películas desde o martes 11 de agosto 

SÁBADO 29 DE AGOSTO:


20.15h MASCOTAS 2Ano 2019 (Valoración en IMDb: 6,5)

23.15h PARÁSITOSAno 2019 (Valoración en filmaffinity: 8)  

Aberto o prazo para reserva/pago de prazas para estas películas desde o martes 18 de agosto 

DOMINGO 30 DE AGOSTO:


20.15h SPIDERMAN (LEJOS DE CASA). Ano 2019 (Valoración en IMDb: 7,5)

23.15h ÉRASE UNA VEZ HOLLYWOODAno 2019 (Valoración en filmaffinity: 7,1)  

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here