IniciosociedadeO Concello de Monforte honra á Virxe de Montserrat, patroa da cidade

O Concello de Monforte honra á Virxe de Montserrat, patroa da cidade

Tras a celebración da eucaristía, tivo lugar unha procesión coa imaxe da Virxe de Montserrat polo atrio da igrexa, e levouse a cabo a tradicional ofrenda floral que, nesta ocasión, foi reducida e nun espazo acotado, por mor da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 15 de agosto, a Corporación Municipal encabezada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat

Xunto cos fogos de San Vicente, que tiveron lugar ás 12 da noite, estas son as dúas únicas actividades relacionadas coas Festas Patronais de Monforte que se levaron a cabo este ano. O resto de actividades propias das festas patronais suspendeuse por responsabilidade sanitaria cos veciños e veciñas de Monforte ante o Coronavirus. 

A comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, partiu ás 10:40 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa, ao ser a igrexa de San Vivente obxecto de obras de restauración.

15 de agosto 2020 / concello de Monforte

Durante a procesión posterior á misa, que tivo lugar no atrio da igrexa, levouse a cabo unha ofrenda floral reducida e acotada, co obxectivo de evitar a concentración de persoas por mor da Covid-19.

Tras a ofrenda e a celebración diante da Virxe de diversos bailes tradicionais ó son da música dos gaiteiros, que tamén foron protagonistas nesta celebración, a imaxe da Virxe voltou ó interior da igrexa, dándose por concluídos os actos litúrxicos na súa honra.

Os Fogos de San Vicente  pecharon os actos do día 15. 20 minutos de espectáculo no que a luz iluminou a cidade do Cabe nestas patronais da nova normalidade.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...