Iniciosociedade10.000 euros para agrupacións de voluntarios de protección civil de 6...

10.000 euros para agrupacións de voluntarios de protección civil de 6 concellos da zona sur

A Xunta destina este ano 58.200 euros a colaborar cos gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de 33 concellos da provincia de Lugo. Na zona sur da provincia benefícianse as agrupacións de Chantada, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións. 

Esta convocatoria inscríbese na mellora dos medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o equipamento, os vehículos ou a formación dos voluntarios.

Con este obxectivo, tense habilitado o pasado mes de maio outra liña de subvencións en especie con vehículos todo camiño e pick up, remolques de emerxencia, tendas de campaña, quads, embarcacións pneumáticas ou equipos de excarceración ou esparexadores de sal. 

A Xunta destinou á convocatoria deste ano 932.400 euros para equipar a estas agrupacións. O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC no conxunto da comunidade supera os 12 millóns de euros.  

Na zona sur da provincia as agrupacións beneficiarias son:

AVPC do Concello de Chantada2.457,52
AVPC do Concello de Folgoso do Courel1.515,65
AVPC do Concello de Quiroga1.636,44
AVPC do Concello de Ribas de Sil1.475,33
AVPC do Concello do Saviñao1.631,73
AVPC do Concello de Sober1.327,58
10.044,25

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...