IniciosociedadeSarria rexistra dous focos familiares con oito afectados por Covid

Sarria rexistra dous focos familiares con oito afectados por Covid

Publicado o

- Advertisement -

O municipio de Sarria rexistra dous brotes familiares que suman oito casos –sen relación entre eles–, mentres que o positivo dun mozo mantén en corentena preventiva á espera das probas a axentes da Policía Local e Garda Civil.

Así o informou o alcalde de Sarria, Claudio Garrido Martínez que explicou que o primeiro brote detectouse xa hai días nunha familia que reside nunha aldea illada deste municipio e que rexistra cinco casos.

O rexedor relatou que un familiar procedente de País Vasco que estivo de visita uns días en Sarria cando regresou ao seu lugar de orixe detectáronlle positivo por COVID-19, polo que dez persoas desa familia residente no municipio lucense confináronse.

Nunha primeira proba deron positivo tres deles e outros dous na segunda, co que este brote rexistra cinco casos. “Asintomáticos todos”, recalcou o alcalde, quen sinalou que “hai que convivir co COVID”.

Uns días despois rexistrouse outro brote cuxo caso inicial correspondeu a un mozo que vive cos seus pais noutra aldea de Sarria, o que levou a confinarse aos tres e, tras as probas e rastrexo, os tres obtiveron positivo e mantiveron o illamento domiciliario co control sanitario correspondente.

A eles súmase outro caso positivo en Sarria, correspondente a un mozo que ingresou no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo “por outro problema sanitario” e ao facerlle a proba obtivo positivo por COVID, comentou o alcalde.

Tras iso, tamén neste caso “iniciouse rastrexo”, explicou o alcalde, xa que o home tivera contacto cun médico e axentes da Garda Civil e Policía Local, polo que varias persoas procederon a gardar corentena preventiva.

“Onte (mércores) pola mañá as probas foron negativas”, destacou o alcalde, que puntualizou que esas persoas seguen en corentena preventiva á espera das probas definitivas por ter contacto cun caso positivo.

Con todo, o alcalde de Sarria subliñou a “situación de responsabilidade sanitaria” dos veciños afectados, os cales “non teñen ningunha relación” entre eles porque “son vivendas moi illadas” nas que residen en núcleos rurais con poucos veciños.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...