IniciosociedadeXa hai case 40 contaxiados no brote de Monforte

Xa hai case 40 contaxiados no brote de Monforte

Por mor deste brote, o Concello de Sober, limítrofe con Monforte, informou este xoves nun bando da Alcaldía que pecha as piscinas e o ximnasio municipal para "previr posibles contaxios".

Publicado o

- Advertisement -

O brote de coronavirus COVID-19 detectado nun edificio de Monforte de Lemos ascende a 38 casos activos, 10 máis que este mércores cando había 28. Así, tras realizar 100 PCR detectáronse estes novos dez positivos.

Nun comunicado remitido aos medios o martes pasado, o Consistorio explicou que por parte da área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Por mor deste brote, o Concello de Sober, limítrofe con Monforte, informou este xoves nun bando da Alcaldía que pecha as piscinas e o ximnasio municipal para “previr posibles contaxios“.

Ademais, este mércores o Concello de Monforte decidiu suspender a Feira do Libro que ía celebrarse entre o 26 e 29 de agosto na Rúa Cardeal. Segundo figura no decreto de suspensión de Alcaldía, a situación da crise sanitaria “obriga” á suspensión desta cita, que tiña previsto levar a cabo o seu XXIII edición.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...