IniciosociedadeOs Mupis de Quiroga

Os Mupis de Quiroga

Quiroga conta con tres Mupis (Mobiliario Urbano como Punto de Información), soportes publicitarios nos que se coloca a publicidade por medio de carteis impresos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A utilización destes soportes estará aberta a toda a cidadanía, centrando nestes puntos toda a publicidade ou información que se xere no municipio. As persoas que queiran utilizalos soamente terán que entregar os seus carteis na Casa da Cultura, para que sexa o persoal deste departamento o que se encargue da súa colocación.

Todos estes carteis colocábanse ata o de agora nas fachadas, principalmente de bares e cafeterías, polo que a  partir de agora eliminarase o impacto visual que isto ocasionaba. O Concello de Quiroga quere que non haxa carteis de publicidade fora destes soportes e que se convertan en puntos de referencia para a cidadanía.

As zonas elixidas  para instalar estes soportes publicitarios foron tres dos puntos máis concorridos da vila: na rúa Real, á altura  da Praza España e á altura da Casa Consistorial, e nas inmediacións do Centro de Saúde.

Os  Mupis quedan totalmente integrados co mobiliario urbano da vila xa que a súa estrutura está realizada en aceiro pintado da mesma cor que as papeleiras e xardineiras das beirarrúas. Estes soportes terán función bifacial polo que se poderá poñer información impresa, protexida por planchas de policarbonato, polas dúas caras. 

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...