IniciosociedadeDemandas do socialistas do Incio sobre a situación no concello

Demandas do socialistas do Incio sobre a situación no concello

O PSdG-PSOE no Incio demanda que a Xunta de Galicia realice test PCR a tódolos veciños/as do Incio. Aseguran que a situación é moi delicada e as probas e actuacións non poden circunscribirse unicamente á Residencia do Incio "porque o centro de terceira idade ten moito vínculo e raíces co resto do municipio."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O número de casos detectados no Concello porcentualmente por habitante é o máis alto da área sanitaria de Lugo, o que xustifica, segundo os socialistas que a Consellería de Sanidade ofreza  a realización dunha proba PCR a tódolos veciños do municipio.

Piden que as Probas PCR se realicen no Concello do Incio nunha carpa móbil ou no centro de saúde do municipio, “que está cerrado polas tardes, para levar a cabo test masivos á poboación de maneira cómoda e rápida.”

Solicitan que se reforce a atención primaria no Concello ao contar cunha poboación moi envellecida que require de atención primaria dun xeito constante. E piden que dende a Xunta de Galicia se actúe con transparencia e dilixencia na transmisión de información ó Concello no caso de que haxa novos positivos. 

Entre as demandas está tamén que a Xunta active a aplicación para móbiles Radar Covid e que de xeito experimental a poña en funcionamento no concello do Incio; que o Concello do Incio leve a cabo un novo reparto de máscaras entre as persoas maiores de 60 anos e aquelas en situación de vulnerabilidade e que se poña en marcha unha liña de axudas para os autónomos e pequenas empresas do municipio.

Dende o Grupo Municipal Socialista mandan unha mensaxe de ánimo a tódolos veciños /as do Incio e pídenlles que continúen extremando as precaucións e seguindo as recomendacións sanitarias. Dende o Grupo Municipal Socialista tenden a man para colaborar co Goberno local e sair o antes posible da situación que afronta o concello.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...