IniciosociedadeXuntanza do Consello Municipal de Saúde de Monforte

Xuntanza do Consello Municipal de Saúde de Monforte

O Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu unha sesión extraordinaria do Consello Municipal de Saúde, co obxecto de analizar a situación sanitaria do Concello. O alcalde informou dos últimos datos e as medidas levadas a cabo pola administración local e acordábase presentar un escrito á Consellería de Educación para destinar a cada centro educativo un enfermeiro ou enfermeira para axudar ó profesorado na xestión da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O punto central que se abordou nesta xuntanza extraordinaria do Consello Municipal de Saúde coa que se pechaba a xornada do luns en Monforte, foi a análise da situación sanitaria do concello en relación co gromo de positivos por Covid-19. O alcalde informaba sobre os últimos datos deste luns, 72 positivos e que se estimaban outros 5 casos positivos correspondentes a concellos limítrofes que pertencen á esta mesma área. Este mates sanidade informaba que xa eran 77 os casos de Monforte ao obter 5 novos positivos nas últimas 88 PCR realizadas

O Alcalde tamén salientou que, segundo datos facilitados polo Sergas, a maioría dos casos confirmados en Monforte correspóndense con menores de 30 anos e son asintomáticos. Así mesmo, na semana do 16 ó 23 de agosto, fixéronse 635 P.C.R., aproximadamente unha media de 100 por día.

Tomé Roca tamén explicou que “ó principio, a comunicación co Sergas era moi pouca, apenas nos pasaban datos. O venres tiven unha conversación co Conselleiro de Sanidade, o sr. Vázquez Almuiña, na que nos comprometemos a incrementar a colaboración, e así o veñen facendo a través dunha chamada diaria na que se nos facilitan os datos oficiais correspondentes.”

O rexedor municipal precisou que o dato dos 72 positivos do domingo nos datos recabados polo concello eran máis de 80, e engadiu, que “a estes datos hai que sumar outros 8 ou 10 que residen en Monforte, pero non están empadroados, e habería que sumar a xente doutras comunidades autónomas, das que descoñecemos datos”.

Medidas adoptadas polo Concello

O Alcalde monfortino, informou ós membros do Consello de todas as medidas postas en marcha polo Concello, dende que se confirmou o gromo de positivos por Coronavirus: a suspensión da Feira do Libro, do Campamento de Verán, da Feira e Mercado Gandeiro do día 24, o peche da piscina municipal climatizada e as súas instalacións anexas e  a suspensión dos Campus de Baloncesto e Voleibol.

Da mesma forma, explicou o reforzo das patrullas da Policía Local que se levou a cabo na pasada fin de semana, ante as previsións de alta mobilidade na cidade, e para garantir o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias ante o Coronavirus.

Consello Municipal de Saúde Monforte / concello de Monforte

En relación co traballo desenvolto polos Servizos Sociais do Concello, o Alcalde salientou que non é certo que se desatenderan ás familias afectadas polo gromo. Tamén dende o Concello se atenderon e deron solución a outras chamadas que foron chegando nos pasados días, e incluso a Policía Local foi a encargada de repartir medicinas nalgún caso. 

Na mesma liña, Tomé Roca informou que segue vixente o convenio establecido coa Cruz Vermella dende o inicio da pandemia, polo cal os voluntarios da mesma encárganse de levar alimentos ós domicilios que así o necesitan.

Deste xeito, o Alcalde saíu ó paso dos bulos que nestes días se foron propagando nas redes sociais, nas que se acusaba de desatención tanto ó Concello como a supermercados da zona no servizo de alimentos a domicilio, algo que constatouse como falso.

A xuntanza foi presidida polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, e nela estiveron tamén presentes Pilar Espinosa, Concelleira de Sanidade e vicepresidenta do Consello, e os vogais do Consello, Gloria Prada, 1ª Tenente de Alcalde, Emilio Sánchez, concelleiro do BNG, Katherinie Varela, concelleira do PP, Germán Vázquez, concelleiro de Esperta Monforte, Isidoro Rodríguez, do Colexio Oficial de Enfermería, Sagrario Ferreira, do Colexio Oficial de Psicoloxía, Francisca Vázquez, pedánea de Bascós, Marina López, presidenta da Asociación de veciños de Cobas, Miguel Ángel Pino, presidente da Asociación de veciños da zona do Hospital, e representando á Plataforma en defensa da sanidade pública-PLADESAPLU asistiron Manuela Fuentes e Mª Purificación Rodríguez.

O Consello Municipal de Saúde acordaba apoiar un escrito presentado polo Colexio de Enfermaría no que se solicita á Consellería de Educación que se destine a cada centro educativo un enfermeiro ou enfermeira para axudar ó profesorado na xestión da Covid-19.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...