IniciosociedadeEsperta solicita locais para uso educativo

Esperta solicita locais para uso educativo

O grupo municipal espertamonforte! solicita que o Concello de Monforte poña a disposición da Consellería de Educación aqueles locais ou espazos de titularidade municipal que se atopen baleiros ou sen uso, e poideran ser empregados para un uso educativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A razón desta solicitude radica no inminente retorno ás aulas por parte do alumnado de todos os niveis educativos, e a situación de incerteza na que está sumida toda a comunidade educativa.

Unha das medidas máis solicitadas pola comunidade educativa foi a reducción de ratios de alumnado dentro das aulas, baseándose nas recomendacións das autoridades sanitarias, que desaconsellan as xuntanzas en sitios pechados de máis de 10 persoas, mentres que nunha aula de primaria hai ata 25 rapaces/as, chegando a máis de 30 nunha aula de secundaria, na que pasarán 5 horas ao dia, e sen adecuada ventilación en moitos casos. Ratios que non é posible reducir por non dispoñer de espazos onde ubicar ao alumnado desdobrado, segundo sinalou a conselleira de educación.

Nesta situación Esperta lembra que o Concello de Monforte dispón de varios locais baleiros, tanto en propiedade como alquilados, aos que se lles podería dar un uso educativo sempre que houbera vontade de facelo.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...