IniciosociedadeVolta segura á actividade educativa segundo o PSOE de Chantada

Volta segura á actividade educativa segundo o PSOE de Chantada

A socialización e a interacción entre iguais e cos propios docentes constitúe un eixo insustituible na aprendizaxe. O dilema, segundo os socialistas de Chantada, é como garantir ese dereito fundamental coas medidas sanitarias necesarias na prevención de contaxios da COVID-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Chantada cre que a piques de comezar o curso escolar, a Xunta ten amosado unha clamorosa pasividade. E sinalan que “entendendo que á administración autonómica lle corresponde acometer as medidas máis necesarias, cremos que neste caso se fai preciso unha coordinación dende tódalas administración co ánimo de colaborar no posible.”

Neste senso veñen de presentar unha moción na que instan á Xunta a diminuír as ratios por aula, aumentar o profesorado e extremar os medios de desinfección nos centros. E solicitan ao concello tomar as seguintes medidas:

  • Aumentar a vixilancia nas franxas horarias de entrada e saída aos centros e restrinxindo os aparcadoiros durante ese período só con tal fin e evitando deste xeito aglomeracións.
  • Dotar unha liña de subvencións de concorrencia competitiva nos vindeiros orzamentos para a adquisición de medios dixitais para uso escolar, coma poden ser ordenadores ou as propias conexións a internet.
  • Incrementar os medios destinados á limpeza dos Centros de Educación Infantil e Primaria que se levan a cabo polo Concello de Chantada.
  • Convocar unha xuntanza urxente entre representantes do Concello, dos centros e das ANPAS para escoitar as súas demandas e poñerse á súa disposición, facendo realidade tamén a constitución do CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL coa idea de avaliar e facer un seguemento das distintas medidas adoptadas.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...