Monforte abre o prazo de solicitude das instalacións deportivas

Desde este martes, 2 de setembro, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2020 – 2021.

Pistas de atletismo / Concello de Monforte

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos. O uso das instalacións deportivas dependerá da evolución da pandemia da COVID-19 que se dea en cada momento. Deste xeito o Concello de Monforte publicará un protocolo de uso das instalacións deportivas que condicionará a utilización das mesmas.

De ser necesario, e en canto non se resolva o procedemento, aquelas entidades que o xustifiquen debidamente poderán facer uso das instalacións deportivas nos mesmos horarios dos que dispoñían na tempada 2019-2020, tendo en conta que no momento no que se resolva o procedemento deberanse adaptar aos novos horarios concedidos. 

Na páxina web do Concello de Monforte, todos os interesados poderán descargar a seguinte documentación:

  • Bases da convocatoria
  • Modelo de solicitude en pdf
  • Modelo de solicitude editable en word
  • Instrucións para presentar a solicitude
  • Regulamento de uso de instalacións deportivas municipais

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here