IniciosociedadeReábrese a Piscina Municipal de Monforte

Reábrese a Piscina Municipal de Monforte

O Alcalde de Monforte anuncia a reapertura da Piscina Municipal, despois do peche motivado e decretado co brote da Covid-19 xurdido o 17 de agosto de 2020 no Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca ven de asinar un novo decreto no que establece a reapertura da Piscina Municipal e Ximnasio, unha vez que as autoridades sanitarias  manifestaran que dan por controlado o gromo da Covid-19  o pasado 17 de agosto no Concello de Monforte e que obrigara o seu peche a fin de evitar calquera situación de risco para os usuarios do servizo.

Os técnicos municipais, tendo en conta a información sobre a situación sanitaria que a día de hoxe obra en poder do Concello de Monforte, consideran que se pode proceder á re apertura da Piscina Municipal e Ximnasio, aplicando o mesmo Protocolo de uso  aprobado por Decreto de Alcaldía do  día 31 de xullo de 2020 “Protocolo de uso Piscina Climatizada e Ximnasio dende o día da súa re apertura tras o peche motivado pola crise sanitaria” 

Por tanto a partir deste xoves, 10 de setembro, procédese á reapertura da Piscina Municipal e do Ximnasio da mesma.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...